Páginas

Nós

Camiñamos. Gústanos camiñar. Gústanos coñecer lugares, admirar vistas, disfrutar aromas, o monte.

Fixemos este blogue para poder compartir rutas, tanto as que xa teñamos camiñado como aquelas das que teñamos coñecemento.

Este é un proxecto aberto. Queremos que a xente camiñe e que se una a nós se é o que quere.

Pés nas Pozas pretende, en resumo, ser un espazo no que compartir roteiros, propor novas rutas, comunicar proxectos, e tentar animar a máis xente a camiñar polos nosos montes, os que, como diría Xurxo Souto, son os montes máis bonitos do mundo.